Unha muller observa a través dunha ventá. Na casa de en fronte, un home le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que parece agardar algo escuro e terrible. É unha figura moi distinta da que coñeceu anos atrás, cando el era un xove profesor, brillante e desdeñoso coma un deus. No medio houbo un tempo cheo de dolor e desexo, de amor e de crime. Un tempo feito tamén de actos e palabras sobre as que a memoria bota agora unha nova luz