Deus xogando aos dados de Fernando Méndez é o Premio Risco de Creación Literaria 2010.
Un cura galego desaparecido hai vinte anos, altas xerarquías eclesiásticas implicadas no tráfico de ouro nazi, mafiosos e oportunistas que buscan dar o golpe da súa vida e catro escritores de fama internacional. Así se reconstrúe Deus xogando aos dados, que asenta a súa trama no feito histórico de que España recibiu entre os anos 1942 e 1944 máis de 5.000 lingotes de ouro que os nazis obtiveron das moas, as xoias e demais pertenzas dos xudeus, segundo informes desclasificados do Departamento de Estado dos EE.UU. Este ouro manchado en sangue serviu para pagar os produtos que España enviaba a Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, entre eles volframio das minas galegas, que partían do porto de Vigo