Dez Obras Na Vida De Roberto Vidal Bola¥o

Autor
Camilo Franco
Editorial
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788415086307
Idioma
Gallego
Nº de páginas
144
Formato
Rústica
16,00€

Sinopse A mellor biografía dunha persoa son as súas obras. Roberto Vidal Bolaño tivo unha vida intensa, escribiu moito, dirixiu moito e interpretou moito. En Dez obras na vida de Vidal Bolaño, o xornalista, crítico teatral e escritor Camilo Franco analiza as dez obras máis importantes da carreira do dramaturgo galego que protagonizará no 2013 o Día das Letras Galegas. Facendo un percorrido cronolóxico, o libro traza unha liña de vida desde cada unha das montaxes que converteron este escritor compostelán no principal autor de teatro galego do século XX. Nun ton ameno e divulgativo, acaído para calquera lector e pensado para os máis novos, Camilo Franco verque todo o seu saber sobre a figura de Vidal Bolaño, con quen tivo relación persoal, e sobre o seu teatro, no que é un dos maiores especialistas. As fotografías de Roberto Vidal Bolaño que aparecen tanto na capa do libro coma nesta páxina fíxollas Quique Alvarelos en 1994, nos locais de ensaio do Centro Dramático Galego, na rúa do Vilar de Santiago