Dezanove Comunas E Un Aeroporto.(Morgante)

Autor
DANIEL UGARTE
Editorial
Edicións Morgante
ISBN
9788419040022
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
Colección
Rustica
17,50€

Hai varios xeitos de contar unha cidade, de querela ou de odiala, ou simplemente de habitala, mais só escribindo sobre ela é que se chega a descubrila na súa totalidade.

Daniel opta aquí por contala alén dos tópicos. Faino rompendo a escribir vinte anécdotas entrelazadas, situando cada unha delas nunha sección administrativa dunha aglomeración que se artella, como refire o título, de dezanove comunas e un aeroporto.

Non esperen, pois, os lectores potenciais, unha especie de guía costumista da cidade, senón esa “húmida amálgama” de sentimentos e emocións de outredade, que constitúe a esencia dunha cidade en continua mutación

Así, nas mans de Daniel, Bruxelas é outra, ou cando menos distinta de como adoitan describirnos esta cidade gris de funcionarios e conflito de linguas. Consegue darlle un outro ar a Bruxelas, o de cidade cosmopolita e próxima, poliédrica e agradábel para vivir e para soñar, sobre todo para soñar.