Dióxenes

Autor
Pablo Albo
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484647324
Idioma
Gallego
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
Colección
Libros Para Soñar
13,00€

Sinopse “Dióxenes” é unha micronovela exenta de pedagoxía e boas intencións, feita de anaquiños que se entrelazan, se mesturan e, entre humor absurdo e afecto, levan o lector a un tráxico final. O protagonista fala da familia e das súas peculiares afeccións. O costume do acopio, como o chama seu pai. Os avós coñecéronse recollendo charcos os días de chuvia; a irmá maior acumula obxectos inservibles; o irmán pequeno, calquera cousa que se poda contar; os pais, calquera cousa que poida contar o irmán pequeno; o tío carteiro colecciona cartas de amor; Dióxenes, de todo: un submariño, unha duna, un bosque de eucaliptos, cincuenta e sete boias coas súas correspondentes campás... Un tenro achegamento ao síndrome de Dióxenes, con ilustracións que combinan elementos reais e imaxinarios, aderezadas con pinceladas de cor.