Baixo a estructura dun diario, como percorrido por unha experiencia vital intensa, descúbresenos a intimidade máis profunda de George Sand. Mais este Diario íntimo ofrece, nas súas diferentes partes, unha orixinalidade que aínda hoxe sorprende ao lector actual que non perde a perspectiva diacrónica: o que a autora reivindica non é máis que a afirmación do dereito da muller ao amor e á independencia por riba de todas as cousas