A cociña é unha arte. O tradutor e poeta Xavier Rodríguez Baixeras converte as súas vivencias como amador da comida nun diario cheo de curiosidades e sabedoría. Os momentos arredor dunha mesa, a historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, os matices todos da arte culinaria iluminan o decorrer completo dun ano. Os praceres e os días dun poeta nun libro para gozar das comidas, para aprender a gorentalas tamén como materia literaria