Diario De Inverno

Autor
Paul Auster
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498654103
Idioma
Gallego
Nº de páginas
236
Formato
Rústica
Colección
Literaria
19,50€

O novo libro de Auster, tamén en galego O día 1 de febreiro estará nas librerías Diario de inverno, de Paul Auster, na súa edición en galego. Publícase ao mesmo tempo ca a edición en castelán e antes de que o libro saia en inglés. Lanzarase tamén a edición dixital. A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina “autoficción”: o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como un relato. Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama “o inverno da vida”. A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París… a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura. Diario de inverno non é a primeira obra na que Auster escribe sobre si mesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai.