DICIONARIO DE AMULETOS GALEGOS

Autor
Rafael Quintía Pereira
Editorial
AB ORIGINE EDICIÓNS
ISBN
9788412541076
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
286
Formato
Rústica
Colección
ANTROPOLOXÍA
Ilustrador (interior)
Rafael Quintía Pereira
Peso
775 gr
Dimensiones
16 x 23 x 2,2 cm
25,00€

OBXECTOS DE PODER DA CULTURA POPULAR A presente obra, realizada dende unha perspectiva antropolóxica, ten por obxectivo inventariar e documentar a rica panoplia de amuletos, talismáns e obxectos de poder que, con fins apotropaicos, curativos ou favorecedores, foron e son usados na cultura popular galega. Ademais, esta escolma de obxectos fabulosos configura unha magnífica mostra do valioso patrimonio cultural inmaterial de Galicia e son, asemade, testemuño da cosmovisión do pobo galego. Este dicionario tamén pretende dar conta da riqueza lingüistica que rodea o munda das crenzas máxico-relixiosas, recollendo as diferentes variantes dialectais e termos empregados en Galicia para referirse a todos estes obxectos protectores e sandadores, asi como esalmos, oracións e esconxuros; exemplos, tamén, do poder da palabra e da riqueza da lingua. Dicionario de amuletos galegos é o resultado dun fondo de traballo de investigación etnográfica, de campo e bibliográfica, que o antropólogo Rafael Quintía vén levando a cabo nas dúas últimas décadas no eido das crenzas máxico-relixiosas e da etnomedicina galegas e que agora ve a luz nesta obra formulada como eminentemente práctica, de consulta e divulgativa.
destacados (47) , novedades (30)