Dicionario De Arte

Autor
Emilio De Gregorio Armando Sendín Domínguez
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499141275
Idioma
Gallego
Nº de páginas
448
Formato
Cartoné
41,20€

O Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia. Máis alá dun sinxelo glosario de termos artísticos, este primeiro dicionario en galego de arte inclúe termos referidos a conceptos artísticos fundamentais (arte, imaxe, composición, símbolo, representación ou estética); a períodos, etapas, movementos, estilos, caractertísticas, manifestacións, etc. (arte precolombina, barroco, castrexa, vangardas); a diversas formulacións das representacións visuais (arquitectura, pintura, escultura, fotografía, cinema, televisión, cerámica, gravado, instalación, etc.); a xéneros, temas e motivos porpios das obras de arte (icona, nu, Virxe, atributos, etc.); ás formais, referidas á natureza e confi guración dos diferentes elementos que as compoñen, partícipes do produto visual ou da obra de arte, sexan recursos, técnicas, materiais, ferramentas (soportes, arco, equilibrio, cor,luz, textura, etc.). Ademais das defi nicións, este Dicionario de Arte inclúe case un centenar de láminas e varios centos de imaxes que o converten nunha ferramenta de consulta indispensable, sinxela e de grande calidade, para o alumnado de ensino non universitario, complemento do traballo docente e de axuda para o profano interesado nas artes visuais