Sinopse
Esta obra desenvolve os conceptos ortográficos sobranceiros, ordenados do A ao Z; cita os casos de ortografía dubidosa e recolle outras pautas ortográficas máis específicas ou técnicas, como os diversos tipos de abreviacións, apoiándose en numerosos cadros. Tamén describe os principais usos lingüísticos coa axuda duns dez mil exemplos ilustrativos. En definitiva, ten vostede nas súas mans o primeiro dicionairo de ortografía en galego, que o informará sobre o modo correcto de escribir as palabras da lingua. E ademais vai manexar un auténtico libro de estilo no tocante a diversos aspectos de tipografía, composición e á correcta disposición dos escritos