Do Mellor De Nós I. A Tradición nacional de Galiza

Autor
ww.aa
Editorial
Hércules Ediciones, S.A.
ISBN
9788412290622
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
431
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
45,00€

Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)… E máis dúas verbas-hoxe-tabú: “raza” e “alma”. Talvez, voltas ao veo dun mesmo rodicio arredor de si, talvez. A identidade. Mais tamén temas-teimas recorrentes dunha enxurrada de artigos, ensaios, estudos, teses que se amorean nas librarías e bibliotecas do noso tempo á procura de respostas aos complexos interrogantes que eses lemas / dilemas suscitan. Verbas-chave de conceptos-charneira que, se acaso non se formularon por primeira vez no Boletín Nós, si que nel foi onde se expuxeron con maior brillo e nitidez na historia da Cultura galega moderna.