.Esta é unha aposta ensaística realizada dende a cosmovisión que fornece o cristianismo para nos adentrar nas verdades materiais da causa ecoloxista. En palbras de Xosé Antón Miguélez, prologuista da obra, estamos diante dunha "teoloxía ecolóxica" ou dun "ecoloxismo teolóxico". En definitiva, un pensamento activo e polémico, constructivo e diáfano, particular e dialéctico. - tendente a crear, en todo caso, unha cultura da reflexión e do diálogo sobre un tema que está vivo na sociedade