Sinopse
Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Álvaro Cunqueiro, desde a peza Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet, cume da escritura cunqueirá.
A expresión dramática sobarda o teatro tradicional, desafía a convención, e fai da imaxinación, do soño e do mito, unha proposta lúdica que atravesa toda a obra literaria do escritor mindoniense.