Dorna Saudal.Poemas Do Mar E Lexico Mariñeiro De A

Autor
Miro Villar
Editorial
Edicións Fervenza
ISBN
9788417094072
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
348
Formato
Rústica
Colección
Rustica
17,00€

"Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García" é unha compilación dos textos poéticos do escritor de Laxe que teñen relación co mar e en particular coa Costa da Morte ou «costa brava», topónimo este último que adoitaban reivindicar nesa altura fronte ao primeiro que veu de fóra coma unha creación do xornalismo sensacionalista por mor da traxedia dos naufraxios e das súas lendas. Unha parte dos textos xa foi agrupada polo propio autor baixo o epígrafe «Dorna saudal» no seu único libro de poemas A roseira da soidade (1954) e o resto destes poemas publicouse en revistas e xornais da época nos moitos anos da súa diáspora bonaerense. O estudo introdutorio ábrese cunha breve anotación biográfica e unha análise do contido dos seus poemas descritivos do mar e da vida mariñeira, para rematar coa análise e un glosario do seu léxico mariñeiro.