Sinopse
Son un recoñecido doutor con abondo traballo, especialista en bestas, animais e bechos pequenos. Os clientes fan cola á miña porta; coma os ourizos, que non queren espiñas, para así poder bicarse e acaririciarse sen facerse dano. Claro que outras veces os pacientes resultan ser uns auténticos ingratos; coma o polbo coxo con pata de home, que me botou un chorro de tinta. ¡É que nesta profesión vívensse días moi negros!