Sinopse É esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez en 1886, e relata os experimentos do Dr. Jekyll, home preocupado pola dualidade que a alma de cada ser humano contén, abalando sempre entre os principios do ben e do mal, e que el consegue "separar" en si mesmo por medio dunha pócima, dándolle así vía libre á súa parte maligna.