O recendo da froita pendurada permanece
máis que as raíces empurradas
dende as liñas da terra paralela
despois de todo o que aconteceu.
Toco unha pirámide de limóns
e todo é novo outra volta.
Apaño un e apréixoo coa miña man
como para aprehender esas sementes inmutables
resplandecendo na miña escuridade.
Por que razón, non o sei.
Pomona das Cortiñas, por favor:
como o descubridor do planeta
vendo por primeira vez
a alteridade, temo
que a vida dos meus soños exista.
(Oración do mercado, páxina 59)