«e Caín». Paco Souto. 2016. Edicións Laiovento. Colección Ventoalto. Os versos do poeta malpicán Paco Souto foron os elixidos para abrir a nova colección da editorial Laiovento: Ventoalto. Este novo libro, e Caín, é en palabras do propio autor unha celebración dos 30 anos pasados desde o seu primeiro recital. Nel aparecen tres eixes -mitoloxía, erotismo e a escrita-, tal como reflexa no seu prólogo o tamén poeta Miguel Anxo Mato Fondo, que liga o libro de Souto con mestres como Pondal ou Bacon. As ilustracións de Viki Rivadulla acompañan algúns dos poemas nos que Souto fai gala de novo da súa heterodoxia.