Sinopse
As incógnitas en torno á nosa lírica mediebal son aínda moitas. A leitura das cantigas segue a provocar, para alén da multiplicidade interpretativa que caracteriza os bons textos literarios, non poucas dúbidas sobre a nosa capacidade para entendermos correctamente uns poemas en moitas ocasións maliciosos e intencionalmente ambiguos. Algunhas das rubricas explicativas, porén, semellan posuír a valiosa chave que permite iluminar o verdadeiro sentido de burlas memorábeis. É por iso que este libro se centra neses pequenos paratextos introductorios -que, infelizmente, acompañan un número moi reducido de cantigas-, tentando delimitar o verdadeiro alcance das explicacións que oferecen.
Doutra parte, tanto o estudo como a edición crítica do repertorio completo destas rubricas pretende ser un instrumento útil que axude a un maior coñecimento das condicións en que se produciu a transmisión escrita das nosas cantigas e do contorno histórico e cultural en que foron compostas.