Esta obra, que se presenta dividida en dous volumes, trata sobre as actividades económicas dos pobos que habitaron o norte da Península Ibérica durante a Idade de Ferro (o derradeiro milenio antes de Cristo) e que na súa meirande parte pertencía a esa entidade cultural que os pobos grecolatinos denominaron celtas. Este estudo fornece a visión da arqueoloxía, a crítica de textos clásicos e a etnoarqueoloxía. Este segundo volume aprofunda sobre o tratamento que reciben os distintos recursos vexetas e animais no seu procesamento, conservación e almaceamento, e na elaboración de manufacturas. Aborda as obras de construción dos castros, as comunicación, o comercio e a concepción do tempo nesta Idade. Tamén trata, dende a economía, a construción do territorio, da estrutura social e a proxección ideolóxica. Este traballo consigue ofrecer unha visión diferente, en moitos casos sorprendente, do que implica a actividade económica na Prehistoria. A visión dos pobos norteños coma culturas atrasadas e primitivas fronte á capacidade cultural e tecnolóxica do Mediterráneo ou de Centroeuropa desaparece ante as evidencias que fornece a investigación arqueolóxica.