Elmer E Wilbur

Autor
David Mckee
ISBN
9788413430591
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
23
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
Peso
298 gr
15,00€

Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe multicolor; agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia, empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor. Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia: non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago? a voz de Wilbur escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán.