«Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...»
María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma de textos que completan a biografía da gran narradora e pensadora galega.