En decembro de 2022, os antigos Pavillóns Sanitarios -máis tarde coñecidos como Hospital Municipal e, logo, Nicolás Peña- nacidos para atender a saúde dos máis necesitados, convertéronse nunha institución centenaria; durante décadas foi o único hospital que tivo a cidade; unha institución meritoria, sempre benéfica, que hoxe forma parte dunha sanidade moderna e diferente; coñecer a súa historia permítenos comprender mellor a de Vigo.