"En las orillas del Sar" (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo é o río da vida da autora e mailo río da súa literatura.