Sinopse
Roberto Núñez Veiga ten dezaseis anos e cursa segundo de BUP. Vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba definitivamente un castelo xa en ruínas dende había tempo: o matrimonio dos seus pais. Daquela os seus choros silandeiros mesturábanse coa voz de Jim Morrison. Necesitaba desa voz coñecida e sobre todo do ruído. A voz de Jim era para Roberto un acougante ruído.