Isto non é un libro. Ou si. Ou se cadra é algo máis aínda. Textos, ilustracións, poemas, imaxes, creacións sonoras, gráficas e audiovisuais, unha bibliografía sen fronteiras e conversas arredor do lume de Xosé Luis Méndez Ferrín. Pode que isto sexa un pote de ferro que arrecende a estirpe, cociñado na lareira do clan, un acto comunitario o poético de amor, unha acción colectiva de contrabando cultural e multidisciplinar. Quen sabe?