"Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi.
Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo "The New York Times Book Review" como "a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma".