Enredos

Autor
Xaquín Lorenzo Fernández
Editorial
Edicions A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A.
ISBN
9788496203372
Idioma
Nº de páginas
94
Formato
Rústica
22,00€

Sinopse En 1958 "Xocas" publicou por primeira vez Enredos na Revista de Dialectología y Tradiciones Populares de Madrid. Este interesante traballo, que ilustra con 48 debuxos tamén da súa autoría, céntrase nos enredos, ixolas ou xoguetes dos nenos. A lectura deste traballo lévanos a outros tempos. Os nenos de agora dispoñen de xoguetes que o fan todo, pero fáltalles algo tan importante: a vida que lle dá o seu propio autor. Cos enredos invéntase e xógase. Cos xoguetes modernos todo está pautado, non se pode máis que xogar, que matar o tempo de lecer. Os pedagogos e ensinantes están a subliñar a importancia capital de que os nenos sexan artífices dos seus propios brinquedos, sen esquecer os valores do consumo consciente e solidario, así como a obriga moral de rexeitar os de carácter bélico; polo que a achega e o coñecemento da nosa cultura material fornece de tantos recursos: didácticos, morais, etnográficos... e, sobre todo, lúdicos