O irmán pequeno da familia Aumont, Toni, vive illado no seu cuarto trala dura separación coa súa muller Beatriz. A chegada dunha carta dos Servizos Sociais coa noticia de que a súa irmá, Magda, á que daban por morta desde había dez anos, está viva, enfrontará a familia e a súa exmuller a un pasado que semellaba esquecido.