Henrique de Sas tenta homenaxear a figura de Vicente Risco publicando un extenso artigo. Indaga sobre algún perfil novidoso, mais no camiño dará co inesperado: Hildegart. A filla de Aurora R. Carballeira, precoz líder socialista, licenciada en Dereito e articulista sobre sexualidade e política, asasinada por súa mai. Tiña dezanove anos; era 1933. Tensións e buscas ligaranse a partir da estraña relación entre Risco e as dúas mulleres. Henrique de Sas pescuda na actualidade, mais antes xa o fixera o ourensán. Que acontecerá para que o desacougo máis punxente veña a calar en ambos? Novela con trazos detectivescos, de intriga e acción. O pasado virá ao noso encontro para revelarnos un enigma. Unha narración intensa que a ninguén ha de deixar indiferente; unha narración en que unha parte da nosa historia reclama ser desvendada.