En 1957 Ramón Otero Pedrayo deu ao prelo vinte relatos que sitúa entre o tempo da vendima e a castañeira, seleccionados no seu momento a partir dun considerable conxunto de textos inéditos, onde predominan, como liñas temáticas xerais, o reflexo dun mundo en crise en que se está a dar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional, e a narración de sucesos relacionados co mundo do sobrenatural, que demostran a mestría do autor no deseño dos caracteres rurais ou na visión lírica da terra.