Sinopse
Xavier Alcalá narra a historia da represión da comunidade evanxélica en Galicia. A partir de feitos reais, que comezan no reinado de Alfonso XIII e chegan á guerra civil, as circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe de xeito emparable. Entre fronteiras inicia unha triloxía na que o autor descobre unha parte da nosa historia ata o de agora descoñecida.