Sinopse
Rachna Mara, autora de orixe indiana afincada en Canadá, afonda de xeito intimista nos problemas de mulleres vinculadas ós dous países e culturas que mellor coñece. Dende a opresión e o alleamento, Entre o costume e a ruptura fainos entrar nunha realidade múltiple e diversa que nos invade totalmente.