Parece plausíbel que na posmodernidade,
que xorde e se alimenta dunha sociedade
despolitizada onde a cultura tomou o leme da
maioría das facetas das nosas vidas, todas as
posicións aparentemente culturais resultan ser
formas simbólicas de moralización política. Por
iso devén fundamental percorrer historicamente
algunhas manifestacións culturais que poden
evidenciar tras de si un inconsciente político
que nos axude a realizar a finalidade básica de
conseguir historiar o noso presente.
Jameson valerase da utopía, do pensamento
utópico en xeral e da ciencia-ficción
contemporánea en particular, para evidenciar
o inconsciente político que se esconde detrás
de certos actos simbólicos. A utopía evocará a
concepción da alteridade, representando así o
outro do capitalismo