Entremés Galego Ao Feliz E Real Parto Da Nosa Raíña 1707

Autor
Salvador Francisco Roel
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484874560
Idioma
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
17,50€

O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII. A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período.Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non ex...