Erros E Tánatos

Autor
Gonzalo Navaza
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483029930
Idioma
Gallego
Publicado
2013
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
Peso
204 gr
Dimensiones
14,5 x 22 x 1 cm
19,50€

“Erros e Tánatos” componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender. “Erros e Tánatos” é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e aconementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.