Escena Aperta Escritos Sobre Teatro

Autor
Euloxio R Ruibal
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871774
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
17,00€

Sinopse Sen dúbida, o ser humano adopta a máscara porque non está seguro da súa identidade. A vella oposición platónica mundo real-mundo aparente, na cal reside o problema da máscara, recóllea de forma pesimista Schopenhauer e retómaa máis tarde Nietzsche, quen ve a civilización como máscara, pois opina que a aparencia é a única realidade. Para el, todo é máscara, que oculta outras máscaras. O disfrace nace da inseguridade; o home recorre a el para combater a febleza e o medo. *********** O cronotopo medieval fúndese co da posguerra española por obra e graza dos anacronismos. Os axentes que sementan o terror polas rúas son os mesmos. Son os de onte e os de hoxe ao mesmo tempo e no mesmo espazo, espazo que abrangue toda a historia pola súa característica (resaltada) de conservar o tempo comprimido. O espazo lúdico da represión domina sobre o espazo dramático e crea o espazo histórico do medo, do arrepío. *********** A penetración do teatro oriental nas nosas latitudes incrementouse paulatinamente cos intercambios e as viaxes en ámbalas direccións. A chegada a Europa no primeiro terzo do pasado século de bailaríns e actores, como Michio Ito, Mei Lan Fang ou Sada Iacco, ou a xira de compañías asiáticas, foi neste sentido decisiva. A atracción que espertou nos máis importantes homes de teatro posibilitou unha notábel renovación de arte escénica occidental, da cal xurdiu en gran parte todo o movemento teatral moderno.