Escolma Poética Celso Emilio Ferreiro

Autor
Celso Emilio Ferreiro
Editorial
Faktoria K De Libros
ISBN
9788496957305
Idioma
Gallego
Publicado
2008
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
Colección
Trece lúas
15,00€

Sinopse Celso Emilio Ferreiro verqueu na súa obra poética o seu xeito de contemplar o mundo: comprometido, rebelde, crítico, mais tamén sensible, solidario, vangardista. A súa escolma reúne os versos máis senlleiros publicados en “Longa Noite de Pedra”, “Viaxe ao país dos ananos” e “Onde o mundo se chama Celanova”. Cada un deles pertence a unha época da súa vida: baixo a ditadura franquista, pola que estivo perseguido; no exilio, onde criticou a perda de identidade da colectividade galega no exterior; e a súa etapa en Madrid, onde a súa terra foi máis que nunca o seu punto de referencia vital. Baldo Ramos -natural de Celanova, coma o poeta- presenta unha sucesión de imaxes de estilo surrealista, formato caligráfico, cunha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila e granate.