Espectros é un libro de sombras escrito nun espazo fantasmal que permite a Pauline e Antoine choutar polos versos para explorar a trampa. O xogo formal, en apariencia endocéntrico, intenta conciliar o persoal co colectivo, amosar como aquilo que rompe dentro forma parte dunha fenda moito máis grande que está aí fóra e apenas conta con voces que a pronuncien tal cal é. Ti formas parte deste libro sombrizo. Queremos dialogar contigo dende os poemas. Aceptas o noso convite?