Os produtos e a cociña de Galicia son unha parte moi importante da nosa expresión cultural. A paisaxe, as xentes e a comida resultan inseparables e protagonizan este apetitoso libro de Carina Regueiro. Estrelas da despensa galega fala de sabores de verdade: sabores cheos de historias, de anécdotas e de sorpresas. E cada capítulo vai acompañado das grandes receitas de sempre para cociñalas hoxe.