Eu Estaba Alí

Autor
Afonso Eiré López
Editorial
Hércules Ediciones, S.A.
ISBN
9788492715848
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
256
Formato
Colección
Rustica
19,90€

Sinopse Unha crónica implacábel dos principais feitos que se produciron na Galiza no último medio século, escrita por quen estivo presente e os viviu ou sufriu de preto. Unha voz apaixonada e, ao mesmo tempo, ética e lúcida que relata en primeira persoa a epopea dun pobo que vai tomando conciencia de seu. Unha narrativa que entronca coa literatura máis en voga hoxe. Unha homenaxe aos seus protagonistas, ás máis das veces anónimos, sen os cales é imposíbel entender a nosa actualidade. Uns sucesos contados con detalle e contextualizados para completar a nosa historia. Os pequenos feitos, moitas veces descoñecidos pola maioría, toman grande dimensión nuns “episodios nacionais” que van pasando ante o lector coma unha película na que, moitas veces, se sentirá protagonista. Un libro que explica o cando e o porqué da última ruptura do BNG, o defenestramento de Cuíña Crespo por Fraga Iribarne ou de Carlos Mella por Barreiro Rivas; logo de repasar desde ao asasinato do Piloto, o último guerrilleiro, ás mortes de Amador e Daniel ou de Moncho Reboiras. Pero tamén están presentes as grande vitorias do nacionalismo: As Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial, O Xurelo... O Estatuto de Autonomía, o primeiro día do Parlamento... E tamén o nacemento do BNG, de Nunca Máis, o Primeiro Congreso de Escritores... Ou Episodios como o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galeguista, a folga de Galvisa, o ataque da Policía Militar a unha manifestación n’A Coruña ou cando tentan prohibir a manifestación do Día Patria Galega. Un libro para non perder a memoria