Eu Servín Ao Rei De Inglaterra

Autor
Bohumil Hrabal
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788493610159
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
260
Formato
Rústica
Colección
Colección contemporánea
18,50€

Co relato en primeira persoa dun aprendiz de camareiro no hotel Praga Dourada como fío condutor, Bohumil Hrabal preséntanos a historia de Checoslovaquia dende os anos anteriores á ocupación nazi ata a ocupación soviética e o comunismo, amosando o impacto que todos estes acontecementos tiveron nunha persoa que os viviu na súa propia pel. As vivencias do protagonista, as súas primeiras experiencias coas mulleres, as ambicións profesionais, o intento de ascender socialmente simpatizando cos nazis, o matrimonio cunha alemá de raza aria, o pracer de construír unha fortuna e a amargura de perdela, todo isto cóntanolo Hrabal co seu persoal e orixinal estilo, cun humor que presenta a historia coma se fose unha fábula, con personaxes que parecen tirados de debuxos animados e cunha linguaxe coloquial de gran viveza e plasticidade.