Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega desde a súa fundación. Osterberger creou composicións para piano solista así como cancións ou melodías galegas para voz e piano. Estas últimas conforman o repertorio do CD que acompaña este libro.