Exiliado E A Primavera, O

Autor
Manuel Veiga
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497822022
Idioma
Gallego
Nº de páginas
144
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,00€

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo. “O exiliado e a primavera” a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escr...