FANECA BRAVA

Autor
Manuel Portas Fernández
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411763332
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
244
Formato
Rústica
Colección
Literaria
Peso
371 gr
Dimensiones
14,8 x 23 x 1,2 cm
21,50€

A prima Concha é unha muller singular. Homes singulares sempre os houbo. Algúns chegan a ser recoñecidos por esa singularidade. No caso das mulleres —se cadra non, seguro—, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, asentara a súa identidade na gran mentira das aparencias. Unicamente Fernando esculcou a verdade da súa curmá. A historia da Faneca non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, mais fica aquí para quen a queira ler. Pode non só ser novela. Mais, iso, que máis ten…