Primeira traducción que se fai dunha obra de Christian-J. Guyonvarc'h e Françoise Le Rous a unha lingua do estado español. Estúdianse aquí as catro festas celtas a partir da base irlandesa medieval que é, desde esa época ata o mundo contemporáneo, a única fonte válida de documentación e interpretación. As festas celtas son a expresión dun calendario que ten corenta e cinco días de marxe sobre o calendario actual para as súas datas solsticiais: SAMAIN o primeiro de novembro, BELTEINE o primeiro de maio; e o mesmo para as festas equinocciais: IMBOLC o primeiro de febreiro e LUGNASAD o primeiro de agosto. O ano celta empeza en SAMAIN e o seu equivalente galo está testemuñado nesas mesmas datas no calendario de Coligny baixo un nome moi parecido: SAMONIOS. Soamente as dúas grandes festes de novembro e maio comportaban sacrificios e cerimonias relixiosas. A festa de LUGNASAD é a festa da seitura e a de IMBOLC un rito solar. Este traballo tamén supón a ocasión de subliña-la orixe polar da tradición céltica e esclarece-las relación entre o tempo e a eternidade nas concepción celtas sobre o outro mundo