as páxinas de Ficar plántase, coma se dunha semente se tratase, o desexo da permanencia a través da palabra. Crávase con forza na terra a intención de supervivencia do sentimento, da historia familiar, dos seres queridos, dos sufrimentos e das alegrías diarias e ata da mesma salvación humana.
A través dos versos deste libro de Cristina Corral Soilán descubrimos ademais a presenza da muller, unha constante nos versos do poemario, ás veces de maneira sutil, outras de maneira intencionada, pero sempre como unha reivindicación do que a autora foi, do que é e do que será.