Filla das ondas

Autor
Fina Casadelrrey
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788413433431
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
61
Formato
Cartoné
Colección
Maremar
Ilustrador (portada)
Xosé Cobas
Ilustrador (interior)
Xosé Cobas
Dimensiones
29 x 21 cm
20,00€

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura. Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron: Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entre outros. Pero Mariña garda un segredo, debe mollarse a cada pouco con auga salgada se non quere converterse en pedra, porque… Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achéganos a historia e o patrimonio da súa cidade natal dunha forma diferente e a través da mirada de asombro da infancia. Unha aventura divertida e trepidante, chea de intriga, que convida a locais ou visitantes a percorrer a cidade a través da súa historia. Un álbum que conta coas ilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean os diferentes espazos urbanos e nos convidan a viaxar no tempo.

destacados (65) , novedades (49) , galego (3) , ilustrado (2)