As fillas de Xulio César chegan a Lucus Augusti, a actual Lugo, para levar a cabo unha perigosa misión. Alí atoparán dous pobos galaicos enfrontados, ós seus aliados das Sete Aldeas e ós maléficos sureños de Gualmar. A morte do aspirante ó trono celta complicará a situación, pero o Consello de Sabios recibirá unha nova que provocará un xiro inesperado nos acontecementos. No extremo do mundo, onde dúas civilizacións danse a man, o perigo e a paixón axexan ás fillas do home máis poderoso do Imperio.